Vox

|

Achegada ao Parlamento andaluz dun partido de extrema dereita non deixa de causarme estupor. Coñecen ben os seus electores o seu programa político? Saben as mulleres que os votaron, porque algunha o faría, o que vai supor para nós a súa presenza? De entrada xa queren renegociar ou revogar a lei de violencia de xénero. E aínda que é evidente que tanto homes como mulleres deben recibir a mesma protección e tratamento xurídico ante calquera delito, sabemos que ese non é o obxectivo final. Hai quen pense que a súa situación laboral mellorará ao poñer freo á chegada de inmigrantes? Ou acaso non pasaremos nós a ser os novos cuase escravos? Noutros lares, formacións políticas similares xa falan sen rubor do exceso de dereitos que posúen os traballadores. 
Non son partidaria de ilegalizacións, mais pregúntome por que se se pide a de partidos independentistas e non se alza a voz contra os que poñen en perigo dereitos básicos de diversos colectivos? Se cadra é que as persoas somos menos importantes que a unidade nacional.

Vox