OS SOLDOS DAS SÚAS SEÑORÍAS

|

Xa estamos en campaña, para remate do ano, en virtude do chamado Portal da Transparencia, non sei si para contentar ou para cabrear aínda máis ao persoal, publican os xornais os emolumentos dos políticos e doutros persoeiros do goberno da nosa nazón, na que seica hai máis políticos que médicos, policias e bombeiros xuntos, o doble que en Italia e o triple que en Alemania.
Pásame como con os futboleiros, tal dispendio de cartos paréceme un escándalo, unha provocación, considerando sobre todo os tempos que estamos a vivir, nos que acadar un empleo é todo un privilexio. Isto nun país con 5,4 millóns de parados e un tercio dos traballadores cobrando menos de 654 euros.
Que un político, disque pai da patria, cobre máis de dez veces o salario mínimo, sen contar as prebendas e regalías presentes e futuras inherentes ao cargo, é inmoral, o miredes por onde o miredes.
Para estar na política non se precisa de carreira algunha. Trepas, aduladores e enchufados con moita labia e pouca vergonza chegan a ocupar postos para os que non teñen ningunha preparación. De aí que o mesmo valen para un roto que para un descosido, quer dicir que tanto lles ten traballar en agricultura como en defensa, por poñer un exemplo de dúas carteiras ben distintas. Saben de todo estes cranios privilexiados!
Non se pode entender como se reparten altos cargos públicos entre indocumentados outorgándolles unha autoridade que non teñen por riba de distinguidos profesionais cheos de méritos e de experiencia acadados durante longos anos de traballo. Xa se sabe que neste país non medra o que máis o merece senón o que máis cacarexa*.
Para máis inri, algúns ata teñen a ousadía de dicir que na política están a perder cartos. Pois que dimitan digo eu, a ver onde atopan un choio semellante.
A pesares de tan altas retribucións, prebendas e regalías, cando declaran o seu patrimonio, cousa que tamén publicaron os xornais, menten coma cosacos.
A algúns ata dan gañas de mandarlles unha esmola.
* Cacarexar: Verbo transitivo.

OS SOLDOS DAS SÚAS SEÑORÍAS