Días ferroláns para aproveitar

on estamos tan acostumados por estas terras a ter un tempo como o vemos estes días e mesmo non deixa de ser habital que en tempo de Semana Santa, tendo como temos unha das máis vistosas de Galicia e mesmo do país, como o proba o feito de que fora declarada de Interese Turístico Internacional, os chaparróns ameacen a salida dalgunha das numerosas procesións que organiza a Xunta de Confrarías. Vemos todo o contrario, que non se atisban –ao menos polo de agora– nubes no ceo que impidan aos numerosos visitantes que se achegan a Ferrol disfrutar tamén do seu entorno. Mesmo coñezo xente da Coruña que leva moitos anos sen vir, e que quen por estes lares se achega despois de moito tempo non oculta a súa sorpresa porque tiñan idea de que, visto o que se ve na prensa, a cidade parece asolagada. Non tal, hai moito que ver e nada mellor que aproveitar os festivos.

Días ferroláns para aproveitar

Te puede interesar