Intelixente

Seica o trunfo do señor Feijóo nas pasadas eleccións alporizou a moita xente que non contaba con semellante resultado, o  que induciu a algúns a cualificar de alienado e ignorante a o pobo galego. Coido que resulta un pouco inxusto culparnos da nosa incultura política, tendo en conta que esa incultura ven propiciada por séculos de asoballamento e colonización, das que a relixión e os poderes públicos foron os principais responsables. Mais por outra banda hai que recoñecer que don Alberte, ademais de ter todas as vantaxes, cos medios informativos a favor e unha escandalosa semente de cartos (dos nosos cartos), soubo xogar intelixentemente as súas bazas, eliminando da súa campaña calquera alusión ao o PP, inclusive as siglas. Namentres, os seus opoñentes non souberon entender que, a única posibilidade de saír airosos era a unidade que a xente do común demandaba e teimaron por impoñer as súas identidades partidistas. E así lles foi  e así nos vai. Aprenderemos?  

Intelixente

Te puede interesar