SEN ARGUMENTOS

Despois de tódalas as que nos levan feito ás veces podemos pensar que xa non hai lugar para máis capacidade de asombro. Mais non é así. Acontece o mesmo que coa rosaliana “sombra que sempre me asombras”. Esta mesma semana o goberno de Núñez Feijóo sorprendeunos con dúas novas medidas que van seguir diminuíndo o poder adquisitivo dos cidadáns deste noso malfadado país. Unha delas a de que se vai prorrogar o forte recorte que se aplicou ás pagas extraordinarias do funcionariado. A outra a de que os enfermos crónicos van ter que repagar –eles din copagar– os medicamentos nos centros hospitalarios. A conselleira do ramo xustifica este repago porque se trata dunha lei estatal que hai que cumprir. Segundo iso, o goberno galego nada ten que ver con esa medida, só aplica o que lle ditan de Madrid. O de sempre. Pero no das pagas extras toda a responsabilidade é da Xunta. Curiosamente, o Rajoy acaba de anunciar que xa non vai haber tesoira nesas pagas. Por que aquí, se son tan mandadiños, non seguen o exemplo?

 

SEN ARGUMENTOS

Te puede interesar