A noite comeza a campaña das eleccións galegas. Veñen marcadas pola situación política española, bloqueada polo empecinamento de Rajoy de seguir cando xa é pasado, evitando todo tipo de relevo, e polo aburrimento dun “Promesas” Feijóo incapaz de entender que a xestión pública non consiste en vender o país por parcelas, nin en expulsar á nosa xente á emigración por millares. Iso si cunha bonita foto dende o Parador de Turismo de Ferrol e un viño ben preto.
O que pase en Galicia –e nas eleccións vascas– vai influír na política estatal. Mais o Partido Socialista volve a selo eixe de todo cambio. A Marea confórmase cun sorpasso, aínda que como Beiras siga a gobernar o PP. En España veremos se Cidadáns segue a ser muleta de Rajoy ou xira cara ao centro, e de Podemos sería necesario que abandonaran o paroxismo que lévaos á inanición. Galicia e España necesitan presidentes socialistas.