Nación

|

Nos dicionarios, defínese como “axioma”, calquera proposición que non precisa demostración, por ser evidente. Xa que logo, non entendo o cabreo dalgunhas persoas polo feito de que o líder de Podemos non fixera referencia a Galicia como unha Nación, pois que non necesitamos o seu consentimento. E se a palabra nación, define a un territorio que ten unha comunidade de individuos, cunha lingua, cultura, tradicións e historia comúns, a realidade de Galicia como nación é un axioma e está fora de calquera dúbida. Outra cousa é que a xente teña o suficiente coñecemento da Historia, mais iso é algo que non se lle pode esixir, nin a un líder político. O feito de que en Galicia non haxa un sentimento xeral independentista, non quer dicir que os galegos non sexamos nacionalistas, mais o noso nacionalismo non é excluínte e, non teríamos ningún problema en que a todos os españois lles chamasen galegos. Coido eu, claro. De feito alá, en América do Sur así o entenden. Ou non é?

Nación