Agravio

A concesión de libranzas para coidados no entorno familiar derivadas da lei de dependencia, salvo excepcións, estivo practicamente parada durante unha longa temporada. Nos últimos anos (16-17) reactivouse coa aplicación dos artigos 68 e 68 bis da orde do 19/04/2013. As persoas coas novas concesións adaptadas á actualizada lexislación, en contías normalmente moi baixas deben xustificar semestralmente o cumprimento dos requisitos que motivaron a axuda e os gastos con facturas do 75% do importe concedido.
Para as persoas usuarias con axudas solicitadas antes do 13/07/2012 sigue  vixente o rexime xurídico anterior. Elas, con importes superiores, non deben presentar declaración de gasto algún.
Esta situación produce dúas categorías na mesma prestación e un agravio comparativo lexislativo, económico, de xestión e de control que moitos non comprenden, non comparten e que está a conlevar renuncias.  

Agravio

Te puede interesar