Increíble, pero certo

Hai un par de días acabei de ver El Pionero, esa produción documental de catro capítulos, ofrecida HBO, sobre as andanzas empresariais, políticas e futbolísticas de Jesús Gil e Gil. Se as entregas que vira xa me foran deixando claro que a serie en cuestión non ía máis aló de lle facer un lavado de cara -se é que algunha vez aparecera suxa, que entendo que nada ou moi pouco- a quen foi unha nefasta personaxe da vida pública española das décadas finais do pasado século.

O que me pareceu máis indignante foron os últimos dous ou tres minutos, onde se reproducen unhas imaxes de Gil de 1991, cando, metido nun jacuzzi, presentaba, acompañado por Jeannette Rodríguez –aquela loira actriz venezolana, ben coñecida na altura por ter sido a protagonista da popular telenovela Cristal– “Las noches de tal y tal”, aquel horrendo programa emitido por Telecinco. Nesas imaxes o protagonista respondía á pregunda de como lle gustaría morrer e manifestaba que acompañado da muller e sen problemas porque tiña a conciencia tranquila, porque estaba a ben con Deus, porque fora un tío cojonudo que conectara co pobo... “y, lógicamente, si le dejo alguna deuda a Hacienda mejor”. E así acaba a miniserie.

Increíble, pero certo

Te puede interesar