Principios

Citaba Javier Cercas nun artigo recente as seguintes palabras do neurocientífico estadounidense Howard Gardner, coñecido no ámbito educativo pola súa teoría das intelixencias múltiples: “Es imposible lograr la excelencia si uno se limita a satisfacer el ego, la ambición o la avaricia”. Tamén indica que sen uns fortes principios morais se pode ser un profesional correcto, pero non sobresaliente. Isto pode aplicarse a calquera ámbito profesional, pero levado ó terreo da política talvez sexa a clave para que os que se dedican a este labor consigan o tan arelado, segundo eles, obxectivo de traballar polo ben común. Para dar credibilidade a estas palabras deberían comezar por cumprir o límite de mandatos, non facer da política o medio de vida e, sobre todo, renunciar aos seus postos cando, polas razóns que sexan, non poidan cumprir os puntos básicos do seu programa, chámense redución do desemprego, remunipalización de servizos ou promesas doutro tipo. Cando se elabora un programa electoral cómpre coñecer as posibilidades da súa viabilidade.
 

Principios

Te puede interesar