Participación cidadá

No concello de Ferrol houbo hai anos un importante movemento social pola participación cidadá e que, despois de moito traballo, conseguiu artellar un regulamento que foi aprobado nun pleno. A vixencia dese regulamento durou o que tardaron as eleccións en poñer no goberno outro Partido Político pouco partidario dese aspecto da Democracia. O resultado foi que, mentres uns lle deron vida á participación, os seguintes encargáronse de matala e enterrala; e os de agora, non parecen interesados en resucitala. En realidade, na nosa cidade a xente está demasiado afeita a que lle dean todo “sachado e mondado”, e por iso, son “os mesmos de sempre” os que saen en defensa das liberdades e na denuncia dos abusos e trapalladas. O malo é que, os problemas son tantos que “os mesmos” non dan feito e non se albisca por ningures a posibilidade dun relevo. Os que teñen o poder sábeno e non lles interesa apoiar a participación, nin sequera nas AA. veciñais. E así nos vai

Participación cidadá

Te puede interesar