Mi querida España

|

Que IU propoña unha“solución justa” para a minería mediante o peche das centrais térmicas que non empreguen carbón español non tería máis transcendencia que constatar que aquilo de que o capital non ten patria é só unha milonga coa que nos enganan para exculpar a discriminación política dentro do Estado da que o reparto dos petroleiros é só un exemplo. O certo é que esta decisión suporía o peche das térmicas galegas despois do investimento público para facelas máis sustentables e do cal, así só se beneficiarán as eléctricas receptoras das subvencións. O raro non é que IU defenda os intereses dos traballadores e os recursos desta“España nuestra” por riba de criterios económicos e ambientais. Nin que nesa “solución justa” os traballadores galegos non existan. O sorprendente é que aos galegos e galegas que reclamamos o mesmo para os nosos traballadores e recursos desde a esquerda e dereita española de sede galega non dubidan en chamarnos insolidarios no mellor dos casos.
 

Mi querida España