O engano que non para

Estiven creo que catorce veces en Cuba. Fun mirar documentación da presenza galega na illa, dar clases na Universidade, presentar ponencias, pasear ou facer varias destas cousas á vez. A primeira vez percibín un ambiente desolador, non había nada, ou practicamente nada, mesmo que levases dólares. Eran os primeiros tempos do período especial devido polo desmantelamento da Unión Soviética. Pouco despois empezaron a aparecer cousas –moitas delas relacionadas cun consumismo ó que non se lle vía sentido ningún, poñamos tendas de Benetton– que daban unha apariencia de desenvolvemento. Se preguntabas como ían as cousas sempre che contestaban que a macroeconomía melloraba, pero que a micro, a de tódolos días da xente de a pé, seguía igual ou inclusive peor. O ministro Montoro acaba de botar a pacer unha bobada peor que a dos brotes verdes de Zapatero: a economía mellora. É dubidoso, sabendo como menten, que isto sexa así. Mais de selo, serán datos macroeconómicos, que non dan de comer.

 

O engano que non para

Te puede interesar