Valentía

Desde aqueles tempos nos que estaba prohibido dimitir –“Aquí no dimite nadie, sólo se va quien yo diga”– ata agora, non se rexistraba no país unha dimisión tan importante como a do ministro Gallardón. Eu non son quen para xulgalo, mais con todos os seus erros, creo de xustiza sinalar a súa valentía e lealdade. Valentía para se enfrontar a xuíces, fiscais e funcionarios da Xustiza, cos seus proxectos do novo Código Penal, da reorganización da Administración de Xustiza, da Xestión dos Rexistros Civís ou das novas Taxas Xudiciais. Valentía tamén para tentar suprimir a liberdade das mulleres nun asunto tan importante como é a decisión de ser ou non ser nai. Mágoa que fose unha valentía mal dirixida, segundo se deduce da cantidade de rexeitamentos que “colleitou”. Mais ao final, a súa valentía saíu na boa dirección. Foise. Pero seguiu sendo leal a quen todo lle deu: A un partido político, a un mal presidente e a unha relixión trasnoitada. Sexa en boa hora.

 

Valentía

Te puede interesar