unha realidade que a pandemia mundial igualounos a todos, calquera está sometido ao cambio de paradigma de vida, e por suposto calquera está sometido tamén ao estrés de poder ser vítima do nefasto virus. No relativo á relación persoal e individual isto é así, non ten replica. Se cadra, esta visión, é tamén a que pretende o nacionalismo español para a xestión do Estado, que eles ven como bloque monolítico. Na recente “cimeira da bandeiras” con escenografía internacional entre o goberno de Madrid e o do Estado case parecía que España era só Madrid e Madrid é a única España, mais iso non é certo, porén o intento está enriba da mesa e as xestións sucesivas no plano homoxeneizador así o reflicten.
Xa foi sorprendente a posta en escena, dándolle a capitalidade un rango dende sempre negado a Euskadi, Cataluña e como non a Galicia, pero máis incrible é a acordo de igualar todas as urbes de máis de 100 mil habitantes nas decisións sobre a pandemia. Eu acredito nun marco estable de medidas xerais, é unha boa solución, pero é lóxico igualar as cidades como se todas fosen Madrid? Aplicara Ourense as restricións sobre o Metro? Regulara Madrid o acceso a zonas termais e o acceso aos areais como A Coruña ou Vigo. Neste punto aclarar que xa sei que cada Concello pode propor e tomar medidas, mais o que preocupa é a propia manobra política de dar unha saída á Presidenta de Madrid cunha decisión política que no fondo vai contra a identidade dos pobos, iso é o grave.
Poren a manobra so valeu ao goberno do Estado para recibir unha vez máis dende Madrid unha posición antagónica nas medidas e desleal na negociación, buscando seguir confrontando dous modelos de Estado e de sociedade coa pandemia como arma, que insensatos, aos que pouco lle importa o resto de cidades. É hoxe por hoxe Ayuso, unha amizade tóxica para Feijoo, que nun movemento táctico político apoia as medidas propostas por Madrid, ollo non na defensa de Galicia e o noso, senón por interese de partido , e iso non é xestión. Aínda que coido que a Feijoo as amizades tóxicas pouco o preocupan, xa tivo moitas. É unha mesquindade que os Partidos sigan a facer política coa COVID-19 mais é o tempo que nos toca vivir e os políticos que en sorte temos.