Pouco antes da celebración do día internacional das persoas maiores, o señor José Aneiros Piñón cumpría 100 anos de idade. Cun século de historia converteuse certamente nun veciño singular do concello de Cerdido. Ós 14 anos iniciou a súa vida laboral dando servizo a carpinteiros e canteiros. Paseniñamente foi progresando no oficio ata emprender a súa propia empresa con ata 10 homes a cargo. Nas construccións para a veciñanza destacan as de Gaper, as de Gelasio, a canalización e maquinaria do muíño de Casaldaia, as da Cooperativa agraria e gandeira da Barqueira –da que tamén foi socio fundador co nº14–, salón da Barqueira e escolar da Avispeira. Tras xubilarse comenza a recrear o mundo laboral e vivencial da Galicia rural, nunha artesanía que conxuga madeira e cantería.
El, querido por todos, e moitas das súas obras reais e artesanais que siguen dando servizo á comunidade, son un ben social.