A VER QUEN O ENTENDE

Este territorio no cal nos tocou residir aínda ten un gran obxectivo pendente, que vén sendo o de que quere ser. Nin somos nación nin estado nin comunidade autónoma nin asociación de veciños, denominacións que máis alá do espiritual non supoñen nada. O que si somos é galegos, non sei se en sentido pexorativo ou de sacar peito, porque menos a Fraga, o resto, incluído Feijóo, cando andan pola capital do Reino saen descritos co adxectivo cualificativo ou despectivo de “gallego”.

O Parlamento galaico perde o tempo en instar, reclamar e pedir á Xunta por unanimidade a defensa dos caimáns da amazonía, de reclamar ao Goberno federal un mellor trato para ás galiñas poñedoras e cen mil proposicións non de lei nas que hai acordo pleno. Mentres tanto, non existe o mínimo acordo para trazar as liñas mestras do que queremos ser.

Este goberno unipartito e o anterior bipartito pasaron o tempo sen intentar poñerse de acordo en crear as bases para o desenvolvemento da comunidade no aspecto económico. A pouco que se mire, a comunidade cada ano suma máis números negativos no que ten que ver coa modernidade e a estrutura industrial. O máis fácil, como din os españois, é dicir que somos un país de servizos, que vén ser o mesmo que ser unha sociedade sen futuro. Ninguén se decata de que para dar un servizo e necesario que haxa que on demande. O exemplo típico é o do galaico que vai a un bar a pedir un clarete, pero agora hai máis tendeiros de bebidas que consumidores.

Non temos grandes industrias tecnolóxicas porque o investimento é carísimo. De aquí nunca sairá unha empresa de internet que ofreza un gran produto, algo no que ninguén se decatase, porque o suposto creador xa tería arruinado a aos pais a avós coa carestía das liñas de conexión. Algo que non pasa nos Estados Unidos, de aí que de ese país saian as grandes novidades.

Nin naval ni automóbiles, aquí non temos nada de nada nin se fai por telo. Énchese a boca dos políticos cando falan do sector da moblería, pero compran deseños dinamarqueses para os seus despachos. A ninguén se lle ocorreu xuntar a os catro carpinteiros galaicos e dicirlles que hai que innovar, algo que parece que fixo o sector dos ataúdes ourensáns.

Do Parlamento so saen leis de vivendas, de casas, de urbanismo e de polígonos industriais baleiros e despois vén un de Madrid por aquí a dicir o que podía comunicar por carta: nada, so boas intencións. Menos mal que Ana Pastor é a única que nos da algunha alegría cos camiños de ferro. Os novos convois acelerarán a nosa fuxida de aquí algo máis de media hora. É que non están os tempos para vivir moitos meses máis. A ver quen entende os motivos para quedar aquí.

 

A VER QUEN O ENTENDE

Te puede interesar