Números

Nesta época da información a traxedia ten forma de estatística. Guerra de cifras e baile de números. É lóxico que unha sociedade que sitúa o económico por enriba de calquera outro valor necesite explicarse deste xeito. Eu mesmo, que máis ou menos son de letras, utilizo habitualmente en roldas de prensa datos terribles que esconden unha realidade atroz. Hoxe penso que quizais é nese momento cando empeza a derrota. Podemos soportar os números con moita máis facilidade que os rostros. Como non estalar se non ante a disputa, por exemplo, mantida entre Montoro e Cáritas coa pobreza infantil como campo de batalla. Este é un mundo frío, disposto a chamarte rapidamente demagogo en canto intentas aproximarte ao alento humano escondido baixo a enumeración. Se queremos gañar esta batalla temos que desprazar aos tecnócratas da cúspide da nosa pirámide cultural e recuperar o espírito humanista que un día nos fixo avanzar.

 

Números

Te puede interesar