ILUSIÓN

Empezan a saír enquisas relacionadas coas próximas eleccións municipais. As enquisas son o que son, máis nun escenario tan cambiante como o actual, pero certamente marcan tendencias. Non podemos estar contentos, o PP parece sufrir un desgaste escaso para o que merece. Para unha formación tan nova como a nosa os resultados son moi prometedores, sen apenas tempo para darnos a coñecer xa somos unha opción crible de goberno. Estou convencido, percíbese ilusión na rúa, que os datos van mellorar moito neste mes escaso que nos queda. Parte desta seguridade ten que ver cun maior coñecemento do noso candidato, Jorge Suárez, no que manteño unha confianza absoluta. O meu compañeiro está destinado a marcar unha época política na cidade. O desexo da cidadanía de ver confluencia entre opcións que defenden posicións de esquerda e que aspiran a unha cidade máis amable e moderna farán o resto. Ferrol en Común gobernará, a traballar.

 

ILUSIÓN

Te puede interesar