Vergonza

Ante todas as barreiras que lles poñan por diante, os remeiros, remeiras e as súas familias seguen dando leccións de profunda pasión polo seu deporte. O 13 de xaneiro no autonómico de remoergómetro veuse de novo. A federación galega, organizadora da proba, amosou non estar a altura, preparando unha maquiavélica celada ao colectivo. 

O lugar escollido, o frontón de Riazor na Coruña, ten apenas capacidade para 350 persoas, cando o número de participantes e acompañantes multiplicaba por catro ese díxito. 
As consecuencias foron patentes ao longo do día: 1-pelexas entre o público. 2-Dificultades

de acceso dos servizos sanitarios. 3-Na zona reservada para quencemento xeral era imposible realizar tal función, case nin andar se podía. 4-Ergómetros en mal estado e máis de dúas horas de atraso apuntillaron o acto. Por sorte, a trampa non caeu, mais moitos dos que estabamos ali sentimos vergoña e pena.

Vergonza

Te puede interesar