Non hai moito tempo tiven que explicar o que era iso de En Marea. A verdade é que resulta difícil e para simplificar, pareceume máis axeitado definilo como o Bloque españoleiro. En esencia son antigos integrantes do BNG que se sumaron a forzas españolas e internacionais para non se sabe qué, pero que tivo éxito entre o electorado galego que gusta de pasear pola rúa Serrano madrileña ou de coñecer bares curiosos da capital do Reino. O BNG quedou estancado e agora unha parte da súa militancia quere volverse mareante. Penso que os que desexan votar en español xa teñen o PP, PSOE e En Marea, mentres que os partidarios dun proxecto autóctono non deben que arrimarse a outras forzas, como intentando esluír o nacionalismo galaico nunha vaga modernista que terá escasa duración. Pero como aos do BNG vailles iso de refundación, a ver se non acaban noutra fundición.