CONCLUSIÓNS

Rematado o período de alegacións e a súa resolución,o equipo de goberno do concello de Cedeira aprobou unilateralmente os orzamentos para o exercicio de 2015. Do documento e en relación coas subvencións nomeadas podense extraer conclusións sincrónicas e diacrónicas. 1- Ausencia dun baremo amparado pola lei de subvencións de Galicia baseado nos principios de publicidade, transparencia, igualdade e libre concorrencia. 2- Falla de criterios cuantificables para a súa puntuación: base social, capacidade de financiación, persoas beneficiadas, capacidade de financiación, actividades realizadas, accións exclusivas. 3- Aceptación, conformidade ou resignación da gran maioría das entidades sen ánimo de lucro co statu quo imposto polas distintas corporacións locais. 4- Defensa de todos os alcaldes da arbitrariedade, e dicir, do proceder rexido pola vontade ou capricho, sen suxección á xustiza ou á razón.

CONCLUSIÓNS

Te puede interesar