Bus

|

Un dos parámetros máis significativos á hora de definir o nivel de vida e o desenvolvemento dunha cidade é o que vén determinado pola calidade do seu transporte público. É por iso que as urbes máis desenvolvidas dedican un grande esforzo ao deseño deste aspecto.
Se trata ademais dunha cuestión prioritaria á hora de pensar na sostibilidade ecolóxica e na integración de barrios históricos que pola súa propia fisionomía non foron trazados para soportar o enorme tráfico rodado que xeramos. Eu non sei se vostedes son usuarios habituais do autobús urbano do noso Ferrol pero eu, que si o uso con certa regularidade, lles podo informar que é o máis caro de Galicia e a súa frecuencia non é elevada, ademais de que determinados enlaces ou destinos, moi necesarios como corresponde a un servizo público, non existen. Todo isto vai empeorar significativamente e o goberno de Rey Varela di literalmente que deste tema non ten nin idea.

 

Bus