Respecto

|

A axuda no fogar dos concellos é un servizo social público e polivalente que presta apoios a individuos e familias no seu domicilio, cando se atopan incapacitados temporal ou permanentemente por motivos de índole física, psíquica ou social, para realizar tarefas esenciais da vida cotidiana, mantendoios no seu fogar e integrados no seu entorno. É un ámbito de traballo eminenmente femenino,e as profesionais, deben contar cos máximos requisitos esixidos na súa disciplina: titulacións de atención sociosanitaria e o seu correspondente certificado de profesionalidade.
Son as que están en contacto directo diario coas persoas: ás que as tocan, escoitan, dialogan e senten. Son sen dúbidas terapéuticas e a pedra angular do servizo.  
Por iso cando en certos foros se realizan comentarios pouco afortunados, o traballo social debe  reforzar o seu gran respecto, valoración e admiración da labor do colectivo.

Respecto