Maquiavélico

Semella que, a Podemos, a xogada saíulle case perfecta, pois no seu intento de rematar co bipartidismo, está preto de conseguir a eliminación do PSOE. Pódese entender agora que tivera contra as cordas ao PP, e o deixase  saír “vivo”, abortando a investidura do Sr. Sánchez, pois ben mirado, o PP faille falta como o inimigo a bater, contra o que podería unificar a todos os descontentos, mentres que o PSOE representa un serio competidor na batalla electoral e por iso supón un maior perigo. Eu non sei se esa xogada foi deliberadamente preparada, ou se as circunstancias tiveron moito que ver nos resultados. Se foi meditada, coido que os dirixentes de Podemos deixaron pequeniño a Maquiavelo; se non, a sorte e os inimigos do socialismo, puxéronlles o trunfo nas mans. De calquera xeito, para rematar a faena fáltanlles os votos da xente. E se as terceiras falan e queren ter posibilidades de gobernar, haberán de botar de menos aos socialistas. Penso eu, claro, pero... 

Maquiavélico

Te puede interesar