Tanto perdido no pasado...

a que logo non me dirán vostades que non doe que os vellos cañóns das baterías ubicadas nas costas ferroláns e da súa comarca estean hoxe desaparecidos, perdidos para sempre e que só, agora, cando o Concello da cidade departamental –remarco isto último para lembrar a súa orixe de interese estratéxico e militar– pon sobre a mesa a súa recuperación, outras urbes do noso país os teñan perfectamente conservados. Un claro exemplo iste último do que poderíamos chamar política da boina, por citar o que cubre a cabeza e non o seu contido como pauta a seguir. Cortados ao fogo do soplete, ninguén tivo mágoa de perder algo que sempre foi parte da nosa historia, vendido o aceiro ao peso pola limitada lectura de relacionar a súa existencia cun réxime político alleo á liberdade e non como un elemento máis do noso patrimonio. As baterías lucirán ben de seguro, pero non como deberían. Non é o mesmo unha estrutura baleira que outra dotada dos elementos que lle deron forma e a propia existencia. En fin...

Tanto perdido no pasado...

Te puede interesar