MONÓLOGO

|

O monólogo do vello traballador, de Celso Emilio Ferreiro, faime matinar nun posible paralelismo co monólogo que podería encetar Ferrol co Estado español. “Agora tomo o sol, cando non chove –diría Ferrol– pero até agora traballei séculos sen sosego, dándolle ao “Patrón Estado” a flor do esforzo, a suor e a mocidade dos meus fillos ferroláns; eu nada teño. A miña conta, o “Patrón” fai navegar mundo adiante, con moita fachenda, os barcos que aquí fixemos; á súa conta, eu estou tan vello que día a día voume desfacendo a cachos. O Patrón alterna alegremente cos outros “Patróns”. Eu esmorezo ollando aos meus fillos saír mundo adiante a gañar o pan. Ben pensado, eu nada ao Patrón lle debo; el débeme todo, incluso unha morea de fincas que colleu de xeito rapineiro, polos que nunca pagou impostos e que agora que non lle serven pretende venderme. Eu non lle debo nin sequera este sol que me quenta, cando non chove. E con chuvia ou con sol, sigo esperando.”

 

MONÓLOGO