Controlado

|

queixábase o senador demócrata estadounidense Mr. Sanders de que o seu partido, pertencente á clase traballadora, pasara en menos de catro décadas, a estar controlado por un grupo liberal-progresista, moi lonxe dos problemas das familias humildes. Na súa opinión, ese era un dos motivos polos que a cidadanía afastárase do partido demócrata e, sinalaba como solución, dar máis poder aos votantes, quitándollo aos dirixentes, para reducir a greta entre a elite progresista e os traballadores, convencendo a estes de que, perder a esperanza non é unha opción. Matinando nas palabras deste incansable loitador, quizabes poderíase atopar unha grande semellanza co acontecer político neste país, no que mandan os dirixentes e as aburguesadas “vellas glorias” dos partidos, por riba das opinións das súas bases. Coincido humildemente co míster demócrata en que, perder a esperanza non é unha opción; mais, como facerlle recuperar a esperanza a quen a perdeu totalmente? Eu non sei.
 

Controlado