Canido

De cando en vez un barrio reinvéntase e consegue unha renovación vital. Hai moitos exemplos na xeografía mundial, zonas degradadas que ven como pouco a pouco vanse poboando de novos habitantes, xente nova e persoas creativas e comprometidas. Este fenómeno ten a virtude de desenvolverse de xeito moi orgánico, lonxe do artificio que xera a especulación. É habitual, é verdade, que esta chegue máis tarde condicionando estas virtudes das que falamos. Canido pode representar na nosa cidade o exemplo máis esperanzador neste sentido. Non vou afondar en algo que todos sabemos, as enormes deficiencias que presenta o mencionado ámbito. Malia iso Canido está a saber contaxiarse de certa alegría vital, servindo de imán para novos veciños. O próximo fin de semana ten lugar un evento, que á marxe de polémicas máis ou menos importantes, puxo un bo granito de area neste sentido. Gocen dunha nova edición de “Las Meninas de Canido”.

 

Canido

Te puede interesar