Educación

|

ANon semella que o concepto de educación estea moi considerado na política: parece que canto menos educado estea un pobo máis manipulable é, e eles sábeno. Todos os anos, nos albores do comenzo do curso sae a relucir o tema dos libros de texto para primaria e os seus contidos, libros que dito sexa de paso duplican no prezo a calquera outro libro: temos xa que logo a educación coma un lucrativo negocio neste país aínda chamado España onde intentan convivir dezasete sistemas educativos que pretenden impor as súas paticulares idiosincrásias. Serva o exemplo de Canarias onde suxiren que se omita calquera referencia aos ríos, claro como en Canarias non hai ríos para que agoniar máis da conta aos nenos con cousas que non lles afectan directamente, recorrendo á versión máis aldeana da historia. Miña filla traballou un tempo naqueles pagos e algúns isleños “puros” dicíanlle “godita”aludindo a súa procedencia peninsular, aos conquistadores que asoballaron aos guanches, un pobo que o mesmo algúns cren que apareceu nas illas ao mesmo tempo que as tremendas erupcións volcanicas que deron lugar ao arquipélago. Nese pretendido revisionismo histórico ¿diránlle nos libros de texto á mocidade canaria que os guanches, os nativos, non foron máis que bereberes procedentes de África aló polo século VI denantes da nosa era e que xa eran unha mestura de pobos? Hai seiscentos anos da conquista de Canarias e a verdade non sei se aos aborixes lles resultaría mellor se non metéramos os fuciños alí. Todos os países que no mundo son existen en base a ocupacións e conquistas. Namentres reflexionamos sobre iso, mellor é deixar os cualificativos de godos ou “goditas”. Se o goberno de Canarias ou os gobernos das dazaseis comunidades autónomas restantes queren borrar da história o que non lles gusta e adaptala ao que puido ser e non foi, mal andamos, fraco favor estámoslle a facer á educación. E o malo de todo isto é que imos por ese camiño.

Imaxinade por un momento que nos libros escolares na nosa terra facendo referncia á literatura só apareceran os nosos vates e escritores nativos e omitíranse os nomes e as obras daqueles que non son galegos ou sendoo non escribiron na nosa lingua ( Camilo José Cela, Valle Inclán, Torrente Ballester, Concepción Arenal, Emila Pardo Bazán, etc.). En boa lóxica a que denantes chamabamos “cultura xeral”, universal, quedaría reducida a unha cultura de andar por casa. ¿É aí onde algúns queren chegar? Coidadiño.

Educación