BALANDRONADAS

Cando estes días atrás escoitei as primeiras noticias sobre a morte no Líbano do cabo Francisco Javier Soria, como consecuencia dun ataque militar israelí, non fixen máis que enfurecerme. Primeiro, pola morte desta persoa que non estaba, para nada, en combate e segundo porque, como sempre que están polo medio os exércitos ianqui ou israelí, as primeiras informacións aluden sistematicamente a que non se sabe se os proxectís os dispararan estes –practicamente sempre acaba sendo así– ou os malos de quenda. Trátase de gañar o tempo necesario para maquear a historia, para quitarlle ferro ó asunto (“nestes casos xa se sabe...”, “sempre hai riscos...”, “no medio da confusión...”).
Serán parvos os membros das forzas armadas norteamericas e israelís para lle dar sempre ó que non era? Era José Couso un perigoso terrorista iraquí preparando un atentado anti-ianqui? Pareceulles o cabo Soria un yihadista ceutí infiltrado nas tropas da ONU? Conviña sabelo, porque se for así algún organismo internacional –se existe e se non habería que crealo– debería arbitrar medidas que lles impedisen a estes exércitos xogar alegremente con vidas que non sexan as súas, alleas por completo a eles. Mais a realidade dos feitos dinos que o noso sempre dinámico ministro de Exteriores, xa aclarou que os autores da desfeita foron os israelís, mais nun ataque contra as milicias chiís de Hizbulá. Non considerou preciso indicar que non ía contra os españois, isto é, que se equivocaron, por non ter o que hai que ter para dicir aberta e directamente o que é: que o exército israelí fai o que lle peta porque ninguén lle quere parar os pés. Eles despáchanse a gusto acusando a medio mundo de antisemitas e ata a próxima. Pois non fai falta valor nin nada para se declarar sionista... Iso si, primeiro o ministro e logo don Mariano, o presidente, declararon das diferentes xestións a altísimo que nivel que acabarán quedando en... nada. Desde logo non creo que as súas palabras lles vaian quitar o sono nin a Netanyaju nin a ningún dos seus ministros implicados no asunto. Diranlles que Israel está no seu lexítimo dereito a defenderse e a outra cousa que non sexa perder o tempo. Escoitando as sucesivas informacións veume á cabeza que había non moito lle escoitara a algunha persoa coñecida criticar a venda de armamento do goberno español a Israel. Remexín un pouco na rede e, de camiño, atopei que o que lembraba fora unha intervención da televisiva Mercedes Milá nun programa de sobremesa de moita audiencia, segundo din, que eu a esas horas non vexo televisión. Deberon repetir a noticia nalgures e quedei coa copla. Como podemos escoitar en internet, andaba a xornalista cun seu proxecto musical cuns músicos granadinos e fixeran un documental con nenos palestinos vítimas da intervención israelí e chamou ó programa Sálvame para contar disto e acabar con estas palabras que transcribo:tal cal: “Cuando lo hicimos hace un año no era la situación como ahora, tan grave, [...] Porque ahora no lo podríamos hacer, ahora ni siquiera esos niños que han estado con nosotros en otra ocasión están ni siquiera vivos; o sea es dramática la situación de Palestina. Y entonces es un buen momento también para recordar que la paz allí es imprescindible, que no pueden hacer las barbaridades que están haciendo y que el gobierno español no puede vender armas a los israelitas, por Dios. No, no y no”
Será verdade que España lle vende armas a Israel? Para que as utilice contra os membros do exército español en misión de paz

BALANDRONADAS

Te puede interesar