CONTOS

|

Cando eu era novo, os rapaces tiñamos un sistema para amolar aos amigos e compañeiros de xogos. O asunto consistía en facerlle á “vítima” escollida a seguinte pregunta: “Queres que che conte o conto da boa pipa”: calquera que fose a resposta do preguntado, a pregunta repetíase unha e outra vez: “Eu non che dixen iso, eu pregunteiche se querías que che contase …”. Por fin, o amolado, canso de buscar o xeito de rematar coa burla, saía fuxindo, para se liberar do amolador. A día de hoxe, parece que o Goberno do Estado español copiou aquela fórmula dos raparigos para amolar aos cidadáns de calquera idade por medio da seguinte pregunta: “Queredes que vos contemos o conto de que xa rematou a crise?”. E de nada valen as queixas e protestas das “vítimas”, pois con pregunta ou sen ela o conto de que xa rematou a crise repítese ata o infindo. E non hai xeito de saír desa espiral do inferno se non é pillando as maletas e liscar correndo, cousa que algúns xa fixeron.      

 

CONTOS