As pensións

Lembro que hai uns anos, o goberno da nación acordou facer unha actualización das pensións, aumentando unha cantidade igual para todas. Coido que esta decisión sería moito máis xusta que o aumento dunha porcentaxe que, ademais de aumentar a desigualdade, resulta moito máis cara para a caixa das xubilacións. Penso que se podería calcular unha cantidade para aumentar no posible as pensións máis escasas e asignar a mesma cantidade igual para todas. Aínda que non fose suficiente, a lo menos, non aumentaría a desigualdade. Creo que iso xa se fixo hai anos, mais non sei por que se tornou á fórmula actual. Por outra banda, poderíase establecer unha conxelación para aquelas pensións dunha cantidade superior a un certo nivel. Claro que iso podería molestar ás súas señorías, por se sentir discriminadas, mais sempre queda a posibilidade de recorrer ao seu patriotismo e á súa solidariedade. Porque patriotas son, sen dúbida; e así amosarían a súa solidariedade. Non si? 

As pensións

Te puede interesar