Seriedade

Adoito ler, con relativa frecuencia, a columna “Patente de corso” coa que Pérez-Reverte agasalla os lectores do Semanal XL. Non sempre coincido co que escribe, mais acórdame perfectamente do que gustara da que titulara “Los godos del emperador Valente”. E lémbrome ben porque o comentara cun grupiño de persoas amigas e resultou que, casualmente, unha delas, docente de Secundaria, manifestou que lle parecera tan interesante que o levara ás súas clases para comentalo co alumnado. É por iso que me pareceu de plena xustiza que a semana pasada se lle outorgase o XIII Premio Don Quijote de xornalismo. Consecuentemente, non lle vin sentido ningún ao feito de esixir explicacións  sobre esa concesión ao Ministerio de Exteriores, petición realizada polo portavoz de En Marea no Congreso. Resérvome a opinión sobre o de “analfabetos” e “estúpidos”, que manifestou Pérez-Reverte, mais non debo facelo sobre o de “faltos de comprensión”, porque quen pode falar de xenofobia, de ir en contra da convivencia e a solidaridade, sinceramente, é porque non entendeu nada. Saber ler non é só que o p co a sexa pa. Léano.
 

Seriedade

Te puede interesar