Clarificar

eica o tema da eutanasia dará aínda moito que falar, se non se clarifica debidamente o seu significado, antes de proceder a aprobar unha lei, que pode ser motivo de discordia para moita xente. Entendo eu que, a eutanasia non pode ser unha prerrogativa para ninguén que non sexa o propio suxeito, obxectivo da acción, ou dos seus familiares máis próximos. É dicir, que non se pode poñer esa lei á disposición dos médicos, igual que non se pode poñer aos médicos na difícil situación de ter que decidir. Por outra banda, hai que clarificar tamén o que son os “Coidados Paliativos”, pois en realidade, entre unha e outra definición, coido que a diferenza é unha delgada liña e que, a nova lei daría ao corpo médico, unha maior seguridade no exercicio do seu labor humanitario, de aliviar e acurtar o sufrimento de alguén que xa non ten, nin desexos nin posibilidades, de seguir vivindo con dignidade. E iso, dígase o que se diga, é o máis humano e democrático. Penso eu, claro.  

Clarificar

Te puede interesar