A sociedade occidental parece estar atravesando por unha etapa de inseguridade que non nos permite vivir con certa tranquilidade máis ou menos estable. Porque a condición humana, para a gusto, precisa de un clima familiar, social e político pacificado e tranquilo. Pero, a maioría de esta poboación, cada vez con máis preocupacións busca a paz e a tranquilidade sen acertar co camiño. As eleccións que se acaban de celebrar en norteamérica, das que se esperaban uns resultados que contribuíran á estabilidade global, resultaron, polo menos aparentemente, todo o contrario. Lonxe de traer tranquilidade aumentaron a sensación de ter que seguir vivindo máis preocupados e acelerados aínda. O inesperado triunfo de Trump para os republicanos golpeou moi duro aos que se decantaban por Illary Clinton.
Agora, unha vez máis deberíamos pararnos a pensar que a paz e a tranquilidade que desexamos e esperamos tan ansiosamente non chegará se non imos buscala. Porque unha sociedade pasiva e sen organizacións cidadáns non pode conseguila agardándoa coma un regalo. ¿De quen se espera ese regalo? A paz non aparece e non se mantén se non se dan as condicións necesarias na sociedade. E as máis importantes para acomodala a carón de nos son a ausencia de inxustizas e a superación de guerrillas e de desigualdades nas relacións humans. “Si vis pacem para bellum”, di o aforismo latino. “Se queres a paz prepara a guerra” . Pero o que nos queren dicir nestas breves palabras hai que entendelo ben. Non é o que aparenta senón todo o contrario.
Non hai que fortalecelos exércitos e as armas, cada vez máis destrutivas, para vencer e dominar ao considerado inimigo senón ao revés. Preparase para a guerra querería significar poñer todos os medios para evitala, para disuadir. Porque a paz non é gratis senón custosa. As guerras quérenas os poderes económicos e políticos que dominan o mundo.
Estes son os que ocasionan as guerras para conseguir máis poder político e económico. Estámolo vendo actualmente. A sociedade debe estar atenta para reaccionar e opoñerse a que sigan morrendo tantas persoas polo interese de uns cantos dominadores. Á estes é a quen hai que vencer.