Igualdade

O 8 de marzo, o Día Internacional da Muller Traballadora, colleunos este ano en plena campaña de loita aberta contra algúns lexítimos dereitos das persoas, promovida pola organización ultraconservadora Hazte Oír. E, se cadra, máis curioso é aínda que Fernandez Díaz, cando era ministro de Interior, a declarase de utilidade pública. En calquera caso, penso que non é de recibo tentar impedir a igualdade de dereitos do colectivo LGTBI, como pretende Hazte Oír. Como penso que tampouco é moi afortunado prohibir a difusión desas mensaxes, que me producen noxo profundo. E digo isto en nome da liberdade de expresión. Lexítimos dereitos eran os que defendían as mulleres estadounidenses, en marzo de 1908, contra a explotación laboral, batalla na que foron gravisimamente reprimidas. Como lexítimo era tamén o dereito ao voto, polo que tamén loitaban as mulleres. Así, en 1910, a dirixente marxista alemá Clara Zetkin pensou na necesidade dunha data de homenaxe ás pioneiras e de visualización dos problemas e propuxo declarar o 8 de marzo Día Internacional da Muller.

Igualdade

Te puede interesar