Non violencia

Vivimos rodeados de todo tipo de violencia: física, psicolóxica, de xénero, sexual, económica, estrutural… Elisa Abruñedo e Asunta Basterra Porto son dúas das últimas vítimas desta vaga sen fin de accións violentas. Vítimas inocentes da brutalidade do ser humano. Como brutalidade foi o ataque falanxista de extrema dereita na celebración da Diada de Catalunya, organizada pola Generalitat en Madrid. Aterroriza ver as imaxes destes homínidos vociferando e arrasando con todo o que atopaban ao seu paso no centro cultural no que tiña lugar o acto. Vén a conto todo isto porque hoxe se conmemora o Día Internacional da Non Violencia, coincidindo co aniversario do nacemento de Mahatma Gandhi, paradigma da cultura da paz, do diálogo e da negociación. Unha filosofía de vida resumida no seu pensamento: “Existen moitas causas polas cales estou disposto a morrer, pero ningunha pola que estea disposto a matar”. Acredito.

 

Non violencia

Te puede interesar