GOBERNAR

Dixo o Sr. Feijóo, referíndose ás próximas eleccións, que o importante non era gañar, senón gobernar. Coido que esa afirmación precisa dunha serie de aclaracións que deberían esixir os votantes medianamente sabidos, se queren coñecer as verdadeiras intencións do actual presidente. Porque hai moitos xeitos de gobernar: gobernar ben ou mal; gobernar para todos ou só para os amigos; gobernar para o país ou para o partido; gobernar a calquera prezo ou con honradez e transparencia … Nembargante, tendo en conta que case todo o mundo sabe que, o primeiro obxectivo dun partido político é a propia supervivencia e, despois de ter visto he oído tantas estafas, amaños, caixas A, B, C, sobres volantes e contas bancarias clandestinas, só algúns despistados necesitarán esas aclaracións. É dicir, que a toma do poder é indispensable para poder manter todas esas trampulladas e os abondosos soldos, dos que son sinalados polos que reparten os cargos. Paréceme a min, claro.  

 

GOBERNAR

Te puede interesar