O ano pasado por estas datas residía en Braga e cada vez que tiña que viaxar a Ferrol para calquera asunto -unhas cantas- xa me mentalizaba para non baixar todos os santos do ceo -e iso que non existen- cando me tocaba atravesar a ponte de Rande e a contorna de Santiago: retencións, lentitude, deterioro do auto... E todo polo mesmo prezo -de atraco- que se a estrada estivese expedita e co piso como o corredor da casa. Volvín pasar por eses tramos e nesas circunstancias ou similares algunha vez máis, pero, como eran viaxes esporádicas, o enfado era máis soportable. Contra final de ano os gobernos central e autonómico anunciaron por todo o alto o fin das obras e inauguraron os novos tramos con toda solemnidade. Iso si, coa ausencia da práctica totalidade dos mandatarios locais das zonas. Chamóuselles de todo, mais o plante estaba totalmente xustificado. Hai un par de días volvín pasar por aí e comprobei como da fin de obra nadiña de nada. Segue habendo atrancos que pagas a prezo de xa non se sabe que. As razóns do paripé inaugural unha nova puntada sen fío do PP.