Lamentable perda

a fin de semana pasada viaxei a Mondoñedo e a Lourenzá aos actos da homenaxe popular que se lle rendeu a Luis Trigo Chao “O Gardarríos” –o guerrilleiro antifranquista ademirado na Mariña lucense– e á súa compañeira Antonia Díaz Pérez, abatidos nunha emboscada hai setenta anos, cando volvían da verbena de San Xoán de Obe. Fun na compaña do vello e querido amigo Bernardo Máiz, grande e veterano estudoso da guerrilla, como é ben sabido, que foi un dos participantes da mesa redonda sobre os loitadores antifascistas. O tema fundamental da conversa na viaxe foi o do delicado estado de saúde do común amigo Xavier P. DoCampo, asunto do que xa falaramos unhas cantas veces nas últimas semanas, xa que el estaba en contacto directo e case permanente coa familia. O martes, infelizmente, quedamos sen o seu, case perenne, sorriso. Do amigable trato con Xavier vanme quedar unha chea de cousas, as que máis, con certeza, os parrafeos referidos á Capela, terra na que felizmente casara e onde miña mai estivera de mestra. Eran falares de amor.
 

Lamentable perda

Te puede interesar