INERCIA

|

Anda a presumir Goberno da mellora da economía, grazas ás medidas aplicadas nos ámbitos laboral, de educación e gastos sociais. Coido que teñen razón, pois baixando os salarios e recortando en sanidade e educación, as condicións económicas do país melloran; mais o que non din é, que o benestar dos paisanos empeora na mesma ou maior proporción. Hai que recoñecer que están a resolver a crise con intelixencia, aproveitando para suprimir todas as vantaxes acadadas polos traballadores despois de moitos anos de loita. Agora contan con que a inercia da vida produza a reacción “dos mercados” que, segundo o señor Montoro, “non son gilipollas” e que non quererán estar moito tempo sen recoller beneficios, o que supón un aumento da inversión. Isto pode aportar unha lixeira baixada do paro e un lixeiro aumento do consumo, actuando como impulsores da maquinaria produtiva. E grazas a nós, dirán eles. ¡Érache boa, se colara! Pois colará e haberá moitos que os crean e os voten.

 

INERCIA