As Irmandades da Fala

A semana pasada cumpríronse cen anos da creación das Irmandades da Fala. Asociación nacida co obxectivo de normalizar a lingua galega, isto é, de levala de novo a todos os ámbitos da sociedade. A significativa data debe ser máis para reflexionar que para celebrar, pois despois de todo este tempo, e malia as políticas lingüísticas actuais, os principais obxectivos seguen sen acadarse, entre eles o da existencia de prensa no noso idioma. Ninguén vería normal non atopar en España nin un só xornal escrito en español, non obstante non  sorprende que isto ocorra co galego en Galicia. A escusa de que os escasos proxectos xornalísticos ensaiados fracasaron, non serve. Nun territorio bilingüe, cando un produto é de calidade, o idioma elixido para a súa comercialización e, neste caso, para a súa elaboración, non supón un atranco para as vendas. Como así demostra a confianza que os consumidores depositan en empresas, alimentarias  ou de telefonía, que desde hai anos empregan o galego.

As Irmandades da Fala

Te puede interesar