Vintecinco anos da catástrofe do “Mar Egeo”

ai cousas que convén non esquecer. Certo que temos moito más preto de nós o que aconteceu co “Prestige”, pero hai xa vintecinco anos esta comarca vivira tamén o afundamento do “Mar Egeo” e, vistas como vexo eu as cousas –que tamén penso que así as ven moitos outros–, salvo pola súa incidencia e afectación, chámame a atención que ó ler estes días neste xornal os sucesos primeiros, non distan tanto as declaracións dos responsables de turno sobre a “escasa” repercusión dos respectivos verquidos. Sen ir máis lonxe, mesmo na propia ría ferrolá, mentres o alcalde da cidade departamental cansaba de falar de que todo era moito menos do que aconteceu e daba por a penas afectadas as nosas augas, o de Fene dicía todo o contrario. É dicir, que aínda que o color de fondo era o negro, non faltaba quen o vira “clariño”. Xa ven...

 

 

Vintecinco anos da catástrofe do “Mar Egeo”

Te puede interesar