Esperanzas

asados os oitenta, despois de “navegar” pola vida con máis penas que glorias, debemos considerar superado o noso particular “cabo de boa esperanza” e, xa que logo, temos que concretarnos ao noso día a día, sen agardar que veña algún “mesías” a solucionar os problemas que axexan á volta de cada recanto do camiño. Iso non quer dicir que haxa que agochar a cabeza baixo as ás, pois como dixo alguén, renderse nunca é unha opción. Nembargante, as nosas esperanzas, están máis no futuro daqueles que nos sucedan na dura loita que é a existencia neste mundo cheo de trampas. Aínda que os maiores xa non temos moito que agardar, en troques si que temos moito que dicir, avalados pola experiencia; e as nosas decisións poden ser determinantes á hora de escoller a aqueles, que poden facer menos difícil a vida de todos. Porque non é verdade que os que mandan sexan todos iguais. E nin todos son ladróns, nin todos son uns inútiles ou uns aproveitados. Pero habelos, hainos. Ou non?

Esperanzas

Te puede interesar