Mateo 7:15-16

|

Ferrol cun goberno decidido a rematar co bipartidismo de PP e PSOE pola vía do baleiro mentres FeC comparte Goberno cunha desas partes. Lóxico desde o momento en que non existen diferenzas ideolóxicas entre eles, tal e como aseguran desde o Goberno cando limitan as discrepancias de gobernanza ao ámbito persoal. Coincidencias ideolóxicas compartidas co PP pero que ao actual goberno lle provocan problemas de conciencia pola posible construción de dúas corvetas. Problemas que ocultaron no limbo do subconsciente cando xuntos confinaron aos estaleiros da ría ao gueto do sector militar ao longo de décadas que nos sumiron no abismo. É por iso que cando desde este goberno se insiste en responsabilizar aos demais da súa parálise venme á cabeza aquela frase sagrada na que se nos lembraba do perigo dos falsos profetas vestidos de ovellas, porque, a pesar do seu profundo ateísmo, non terán problemas para financiar, de novo, actividades relixiosas neste 2016.
 

Mateo 7:15-16