Gasolineira

Si mañá dinnos que queren instalar a central nuclear dos Simpson en nosa ría teremos que crelo. O nivel de agresións que soporta o noso ben natural máis preciado supera calquera lóxica. Non fai falta manter unha actitude ecolóxica moi elevada para darse conta diso. As normas máis elementais de seguridade aquí non valen. As prácticas rexeitadas en calquera outro lugar son aceptadas en Ferrolterra.
Chéganos agora o “bunkering”, unha sorte de gasolineira flotante que implica evidentes riscos para o medioambiente. Actividade denostada polo Goberno español en augas de Gibraltar pero ao que se ve válida para nós. Ábrese pois unha nova fronte que se une aos xa coñecidos de Reganosa, Forestal, trazado sur do tren ao porto exterior, etc. A situación é insostible, fai poucos meses os comisionados europeos quedaron simplemente espantados ante esta realidade e lonxe de avanzar na recuperación parecemos dar pasos no sentido contrario.

 

Gasolineira

Te puede interesar