TERCEIRA

Dise que medra no país o número de persoas que desexan a chegada dunha nova República, que sería xa a terceira, despois dunha segunda que durou case oito anos e unha primeira que só resistiu dous anos escasos. Visto o resultado que deron a pasada ditadura e esta monarquía parlamentaria, parece necesario probar outro sistema, que sexa capaz de afondar nesta mal chamada democracia, na que os votos non teñen todos o mesmo valor, na que non pode votar un rapaz ou unha rapaza de dezaseis anos, pero poden votar as persoas con enfermidades psíquicas, que non lles permiten diferenciar entre os programas duns e doutros, nin poden protestar polo incumprimento das súas promesas. Eu non cheguei a tempo de coñecer o funcionamento da República, e por iso non sei se será mellor que o que temos agora; o que si sei é que peor non pode ser. E xa que logo, ¡a pola terceira! Pero trocando as persoas tamén, pois cambiar só o sistema non serve. A ver se agora vai a vencida.

 

TERCEIRA

Te puede interesar