Valor: se le supone

Cando o servizo militar, a “mili”, era obrigatoria, unha vez superada se lle entregaba ao forzado milico unha cartilla, coñecida como a “branca”, na que, entre outras cuestións, se facía unha valoración do suxeito e nun dos apartados, o referente ó valor, o máis que normal era por aquelo de “se le supone”. Era un xeito de non dicir que non se podía dicir que non tiña. Porque oportunidades de demostralo, salvo situacións extremas e caseque inéditas, non había forma en tempos de paz. Afortunadamente, insisto. E lémbrome da cousa porque penso que a este paso que imos no Concello de Ferrol, con este goberno, máis que minoritario precario e moi escaso de iniciativas que sexan prácticas, aínda que con moitas intencións –lembren aquelo outro de quen moito abarca pouco apreta–, isa mesma valoración podería ser a que obteña cando remate o mandato. Aínda que, iso si, mudando o de “valor” polo de “eficiencia”, “resolución” ou “capacidade”. Xa veremos.

Valor: se le supone

Te puede interesar