O NAVAL TEN FUTURO

|

Condenaron o sector naval e deixaron a nosa xente sen traballo” dicía hai uns días ó alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, nun acto electoral da coalición á que pertence. Supoño que se refería ó PSOE, ó seu socio de goberno, nesa etapa sombría de ausencia de pedidos, dos últimos tres anos de goberno de Rodríguez Zapatero. E supoño que se refería tamén á reconversión naval de 2004, aplicada polo mesmo goberno, e polo mesmo partido socialista que o ten convertido en alcalde de Ferrol e que supuxo, ahí sí, a destrucción de 1.400 empregos directos nos asteleiros da ría, 2.000 indirectos, e a prorroga do veto productivo que pesaba sobre a antiga Astano, hoxe reaberta á actividade. Unha reconversión, compre lembrarlle ó   alcalde de Ferrol en Común, que aplicou o goberno socialista e que acordou cos sindicatos, nomeadamente ó que él pertence e representa.  Esa foi a herdanza recibida, e as responsabilidades da mesma. Por acción, e por omisión.  Pero afortunadamente a realidade é que hoxe o naval comeza a repuntar cunha serie de pedidos que debullan unha realidade con presente e con futuro: o flotel de Pemex, o BAM encargado pola Armada Española, o deseño e exeñería dun LHD para Turquía, as catro proas dos petroleiros de Ondimar, os dous contratos de eólica mariña, o primeiro para construir 29 jackets para o proxecto Wikinguer de Iberdrola e as 5 macroestructuras flotantes para torres de eólica mariña para a filial de Statoil, son contratos tanxibles.  Unha carga de traballo que todavía é insuficiente para dar plena ocupación á plantilla principal e á industria auxiliar, é verdade, pero que dende logo, marca un antes e un despois, para uns asteleiros que se viron abocados á parálise máis absoluta e a unha carteira de pedidos completamente valeira no periodo socialista. Hoxe, ademáis,  a eólica mariña supón unha gran oportunidade para camiñar na dirección da  verdadeira diversificación industrial de Ferrolterra, compatibilizando a nova actividade industrial coa construcción naval civil, coa construcción militar e cun novo impulso das reparacións que contan con plena ocupación. Ese é o camiño prefixado, no que compre seguir traballando nos próximos anos, sen cambiar o rumbo,  para consolidar a recuperación dun sector que, efectivamente, o PSOE, coa connivencia dalgúns, tratou de achatarrar. 

O NAVAL TEN FUTURO